30/12/11

Xa comezamos coas manobras! Crónicas preasembleares VI

Como ben sabedes, para o Encontro a posibilidade de que o BNG se converta nese referente político que a sociedade galega precisa con urxencia pasa por unha auténtica refundación por iso falamos nas nosas teses dela como un proceso:

A refundación, a constitución dunha unidade nacionalista incluínte, non remata no acto de clausura dunha asemblea nacional exitosa. A refundación é unha andaina a continuar inmediatamente despois abrindo un proceso de inclusión que incorpore a todos os grupos e sectores sociais que asuman os principios políticos da fronte.”

Para nós unha fonte principal de militancia para esa refundación e apertura á sociedade son os militantes, homes e mulleres nacionalistas que deixaron, ou lles fixeron deixar, o BNG anoxados ou excluídos por políticas sectarias que a UPG levou a cabo para conquerir maiorías mecánicas para afortalar o seu control na organización. Poderíamos poñer como exemplo as movidas de censos previas á elección das listas das municipais nas cidades en 2010.

Cando tras a baixada de votos nas municipais se creou unha comisión para ver que era o que lle pasa ao BNG chegáramos á conclusión de que era preciso un proceso de rexeneración que permitise a reafiliación e a integración de moitos nacionalistas que estaban f'ora da fronte.

Hoxe, en pleno proceso preasemblear, estamos vendo que hai comarcas nas que non se están dando altas a antigos militantes do BNG -algúns deles dados de baixa pola propia organización é dicir por vontade máis ou menos lexítima do BNG pero en contra dos interesados-, aos que agora para reafiliarse, e poder asistir á asemblea e poder participar na rexeneración do BNG, estáselles pedindo que paguen cotas como militantes do BNG -desde que o propio BNG os puxo fóra-, en moitos casos dende preto de dous anos supoñendo unhas cantidades imposíbeis de pagar por moito interese que teñas en asistir.

Isto é un incumprimento grave do acordado para posibilitar a reintegración de efectivos excluídos, á vez que é un mal sinal de que tipo de apertura á sociedade pode facer un BNG controlado pola UPG.

Se somos incapaces de abrirnos a quen foron compañeiros ate ben pouco que imos facer cos demais?

29/12/11

Posición e marco de referencia. Cuestións internas (II): lexitimidade e transparencia.

Raúl Asegurado no seu Blog dun irmandiño.

A lexitimidade é algo que se gaña, que no momento presente nunca está adquirida por contaxio do pasado, e por tanto en períodos reflexivos hai que telo presente para mirarmos o rumbo tomado e as decisións que son acaídas para non perder este valor, moitas veces esquecido.
Unha organización colectiva debería facerse unha serie de preguntas sobre a súa acción e a súa incidencia no campo no que traballa, porén, unha organización política debe diagnosticar os puntos fortes e febles da súa capacidade de incidencia institucional e social, a viabilidade do seu proxecto, e o que é máis importante a súa identidade propostiva e constitutiva. Nestas claves tentaremos afondar brevemente neste artigo, comezando por isto último.

Lexitimidade e identidade. É facilmente comprensíbel que o factor que máis determina a lexitimidade dun coletivo é a súa identidade, identificada en que ideas propón e a vixencia delas, así como por quen está composto, é dicer, o suxeito colectivo no que se encarna.
Nunha nación sen estado, dentro dun contexto de dominación capitalista, a lexitimidade dun proxecto de esquerdas emancipador por si só non está lexitimado se tras del non existe un suxeito antagónico ao discurso ultraliberal, e por tanto, na fronte hai que analizar dúas cousas, a incidencia que se fai nas institucións e a permeabilidade da organización aos colectivos e persoas que no seu facer social lexitiman o discurso da emancipador da esquerda. Quero dicer, que unha organización con ideais ou propostas discursivas antagónicas co sistema de dominación que nas institucións cohabitan comodamente cos suxeitos opresores (representantes dos grandes intereses privados), non está lexitimada. Tamén pode darse, como se dá, o caso en que representantes públicos da fronte con ideas antagónicas ao discurso imperante (nomeadamente comunistas), usan a fronte como trincheira de posicionamentos máis ou menos de esquerda mais substitúen o suxeito social por suxeito de clase política, están novamente ilexitimando o que facer discursivo da esquerda.
O BNG neste senso ten dúas feblezas de lexitimidade: a tipificación política dentro das institucións e o enclaustramento organizativo. A potencialidade fica nas clases pasivas orgánicas; a militancia do común que na sociedade encarna o suxeito social da esquerna nacional galega e que organizativamente deron un paso cara a atrás polo enrocamento da clase política dirixente e pola orfandade das súas demandas nas institucións, é a militancia de base, o corpus social, onde o BNG pode novamente lexitimarse; porque esta é realmente a súa constitución social, non a clase dirixente (institucional ou política).

Lexitimidade e incidencia. Se non se recupera a identidade a incidencia que se faga serán fogos de artificio. A incidencia non virá determinada pola ación direita nas institucións, que tamén, senón no acrecentamento discursivo da hexemonía social nas clases subalternas (en termos gramscianos, recollido nunha achega anterior). Esta e só esta, será a incidencia lexitimadora da esquerda emancipadora e soberanista. Nesta lóxica, a apertura de portas da fronte a sectores políticos e sociais excluídos ou á militancia de base cansa e inactiva será o primeiro síntoma dunha incidencia na sociedade que poña en liza un valor lexitimador que actualmente é importantísimo: a transparencia.

Lexitimidade e transparencia. A transparencia toca innumerábeis factores de lexitimidade; a transparencia organizativa pon en valor unha democracia interna horizontal e participativa, por tanto recupera o asemblearismo e todo o que iso conleva. A transparencia económica pode desvelar a non lucratividade dun proxecto político común, e por tanto o verdadeiro interese da clase dirixente, ademais de adquirir un compromiso coa súa militancia que determine as condicións materiais da liberdade do proxecto político. A transparencia nos procesos de eleicións de candidatas ou representantes orgánicas é un compromiso con toda a sociedade galega. O uso do censo de militantes que está actualmente a desenvolver o “aparato” é unha agresión ás máis básicas normas de xogo, determinando un oscurantismo férreo en todo o proceso e denigrando o valor máis evidente da transparencia. Ou isto muda ou a lexitimidade pérdese, e non só para a militancia de base, senón ante a cidadanía galega no seu conxunto.

28/12/11

"Non renunciar á xustiza social nin á identidade é de sentido común"

* Conversa con Martiño Noriega en El País sobre o seu libro Por un denominador común. A esquerda da nación, traducida por nós.

"Creo que a esquerda da nación é un proceso colectivo", considera Martiño Noriega, alcalde de Teo polo BNG e con maioría absoluta, "e se non existe, ten que existir. É de sentido común que non renuncie nin á xustiza social nin aos sinais identitarios". A explicación vén ao caso: Noriega presenta esta tarde, ás oito en Libraría Couceiro de Santiago, o seu primeiro libro baixo o título Por un denominador común. A esquerda dá nación. 

Un feixe de artigos, publicados en prensa dixital -A Nosa Terra e Tempos Dixital-, e unha longa entrevista realizada pola xornalista Rosabel Candal compoñen un volume que coedita 2.0 Editora e a histórica Ediciós do Castro -no que probablemente sexa o seu último traballo-. "Trátase dun libro moi pouco ambicioso", define o autor, "escrito con sinceridade pero desde a miña mirada ideolóxica". Preocúpalle iso e tender pontes. De aí a cabeceira da obra, Por un denominador común. "O concepto remite á Fronte Popular", engade, "a realizar lecturas políticas de movemento amplo, a buscar o que une e non o que separa". A referencia á organización na que milita, e da que se está convertindo nun dos seus rostros públicos reconocibles, salta ao momento: "Si, e ao Bloque; talvez sexa un pouco inxenuo, pero esa idea do denominador común é coa que eu me criei politicamente".

As palabras de Noriega resoan no contexto dun proceso asembleario, o que vive o nacionalismo, que se resolverá en xaneiro. E sobre o que planea o perigo de escisión. "Eu son moi conservacionista en xeral", respóndelle a Candal na conversación que inclúe o libro, "e entendo que merece a pena loitar por procesos colectivos cunha historia de case 30 anos, porque son representativos e porque son a nosa ferramenta de transformación". Pero non aforra críticas nin ao rumbo actual do BNG nin sobre o seu modelo de funcionamento interno e distribución de responsabilidades. Que persoas dedicadas ao exercicio do poder reflexionen por escrito sobre iso non resulta o máis habitual en Galicia. "Tamén me serve para ordenar pensamentos", di, "e intento escapar dos clichés partidistas; a xente demanda sinceridade en todos os ámbitos".

A Noriega enmárcano en papel as palabras liminares de Xosé Manuel Beiras e Isaac Díaz Pardo. "Isaac permíteme recoller unha tradición", afirma, "a republicana, a do exilio exterior e interior; Xosé Manuel xa vén de aí. Concidir con eles, cando ademais xa son en certos medida anxos caídos polas súas peripecias en Sargadelos e no Bloque, é unha sorte enorme". Beiras, xunto ao filólogo e editor Xosé Ramón Fandiño e a xornalista Rosabel Candal, acompañarano esta tarde na presentación de Por un denominador común. A esquerda da nación.

23/12/11

Posición e marco de referencia. Cuestións internas: asemblearismo.

Raúl Asegurado no seu Blog dun irmandiño


Se o proceso asemblear no que estamos inxeridos vai determinar o marco de referencia onde vai dirixirse o futuro do BNG, hai cuestións de posicións internas que determinarán de forma inequívoca se o proceso que se encete levará ou non a un proceso que rache as dinámicas que abordei na achega anterior; e isto ten un senso superlativo en cuestións que determinen o valor que se lle dea á militancia de base, aos seus dereitos e os seus deberes.

Nos últimos tempos, na dinámica interna do BNG instaurouse por unha maioría simple unha mutación estatutaria que determinou un cambio no proprio ADN da fronte; a cuestión das delegadas e delegados, xustificado por unha hipotética mellora de calidade democrática na cal en procesos previos a unha Asemblea Nacional, as militantes asistentes deberían “gañarse” en procesos comarcais a delegación de representación das ideas e das persoas para poder asistir, e así afondar no debate interno, e por outra banda, garantir un número de asistentes que permitisen facer unha asemblea dinámica, reducindo o número real de militantes congregadas/os.
Ben, este posicionamento racha coa lóxica do poder horizontal da esquerda social das últimas décadas en todo o planeta. Os procesos abertos, transparentes e a tentativa do empoderamento da sociedade civil como resposta ás agresións desta fase do capitalismo, por parte dos diversos e diferentes movementos sociais antisistémicos, son resposta á inmobilidade e usurpación da soberanía nacional, e por tanto, resposta a unha dinámica de usurpación da mesma democracia; tentando outorgar á cidadanía un valor protagónico na construción social que está sendo continuamente castrada polos poderes económicos e co consentimento das forzas políticas exercentes.

Isto levado ao contexto dunha nación sen estado cobra un valor de vital importancia. Antes desta posición adoitada hai un lustro na dinámica interna do BNG, a fronte exercía unha dobre responsabilidade ante a sociedade nacional (non só nacionalista) galega: por unha banda a fronte atuaba como unha organización política plural das diversas sensibilidades e trasladaba ás instancias públicas (institucións) o seu facer político, mais alén diso, o BNG por outra banda, era una aparato de Estado indispensábel para esta sociedade (cidadanía), pois non contaba con outra forma de representación soberana.
Se afondamos nesta segunda concepción do que era a fronte, de forma esquemática e rápida, podíamos dicer, que as/os militantes do BNG eran cidadás/áns libres que participando de forma direita en forma de sufraxio universal nunha asemblea nacional determinaban a composición do Consello Nacional, que viría en termos estatais a seren o Parlamento; un Parlamento aberto a todas as sensibilidades e que impulsaran o propósito común da fronte, a liberación social e nacional, a emancipación galega.

Ao mudarse a concepción da/o militante, antes como cidadá/án, agora como medio para conseguir unha delegación, lévamos a poder participar dun proceso asembleario só a través dun sufraxio censitario. Un sufraxio censitario que determina varias cuestións:

1. Xa a/o militante do BNG non é un cidadá/án libre para poder exercer os seus dereitos e asumir as súas obrigacións en primeira persoa (pois pode ser que un vaia en delegación de varias persoas, ou o peor, que outras/os non poderán nin sequera asistir ao órgao máximo de decisión soberana aínda sendo militante).

2. A proporcionalidade da delegación non determina a liberdade, nin sequera na cuestión dunha proporcionalidade 1:1, é dicer, un militante un delegado, pois a militante deberá pasar por un rexistro censatario non universal, senón que indignamente terá que, alén de ser militante, estar inscrito por vontade persoal e controlado polo aparato para poder exercer o sufraxio. E esta é unha cuestión republicana indispensábel da liberdade como non-dominación; non vale, para a tradición republicana, que haxa un tirano benevolente, un tirano que decida permitir o sufraxio pois coa existencia do tirano existe a capacidade da dominación, e a liberdade non é un “favor” da tiranía, é un dereito universal de toda a cidadanía no seu conxunto.

3. Na cuestión da proporcionalidade absoluta, de ser un/ha militante un/ha delegado/a, créase un censo previo á asemblea, que o aparato, e nomeadamente a UPG neste caso, poderá antes da celebración da mesma asemblea ter un mapeo da situación que se pode dar nesa asemblea. Como comentaba o outro día un compañeiro, a UPG unha semana antes da celebración da Asemblea Nacional do BNG intuirá o escenário posíbel e tentará amañar coas contas que faga posíbeis pactos que garantan as súas aspiracións.

Ou volvemos a unha concepción asemblearia, que aposte por valores republicáns de liberdade, ou o proceso de rexeneración non é posíbel. Ou volvemos a dotar ao BNG do valor indispensábel que para unha nación sen estado é ter un aparato de Estado, ou converteremos ao BNG nunha forza clásica, tradicional, típica e por tanto colaboracionista co sistema de dominación, por que? Porque para unha nación sen estado, as prácticas internas, as posicións e mecanismos de artellarmento son resposta ás agresións que a cidadanía nacional galega recibe en todos os campos nos que traballa e se desenvolve, ou non será un mecanismo orgánico que anteceda ao proceso de emancipación.

Esta asemblea nacional, debería ser sen delegadas/os, como todas; nesta tentativa o Encontro Irmandiño impuxo dentro da “lei vixente” a maior cota de liberdade posíbel, a proporcionalidade 1:1, e decidimos participar nela, sendo conscientes de que non é suficiente, debemos dotar novamente a toda a militancia da igualdade e liberdade imprescindíbel para así poder artellar, asumindo a total responsabilidade da construción común, o valor da fraternidade.

22/12/11

Se queredes participar na Asemblea Nacional debedes anotarvos antes.

Non sabemos o alcance real que poida ter o coñecemento de que para participar nesta Asemblea Nacional é preciso antes cubrir un escrito solicitándoo e entregalo no correspondente local comarcal. O Encontro Irmandiño conseguiu, non sen grandes dificultades, que esta cita puidese estar aberta ao conxunto da militancia. Isto é un grande triunfo para as persoas que defendemos até o final o modelo asemblear que caracteriza -ou caracterizaba- e singulariza ao BNG do resto das forzas políticas galegas. O que non puidemos evitar é que, unha vez máis, se continúen a provocar atrancos incomprensíbeis se o que se procura realmente é un novo BNG en que confíen amplos sectores sociais transformadores, como foi ata hai algúns anos. É por isto que alguén no aparato decidiu impór o requisito de irse anotar ao local comarcal para poder participar na NOSA Asemblea, no plenario da representación efectiva dos anceios de transformación e progreso do noso pobo. Pasamos a comunicarvos as datas de referencia pregándovos que as difundades entre todos os compañeiros e compañeiras que pensedes estean interesados/as en acudir a esta cita vital para o NOSO futuro.

Do 26 de decembro ao 4 de xaneiro estarán expostas nas sedes comarcais os censos provisionais dos e das militantes con dereito a participar nesta asemblea. É este o prazo habilitado para calquera reclamación a ese censo provisional .

Do 9 ao 21 de xaneiro deberás inscribirte no teu local comarcal. Debe ser un escrito persoal, asinado e entregado no local comarcal entre esas datas .

Para calquera consulta ao respecto deste proceso, escribídenos a este correo de Facebook ou a encontroaberto@encontroirmandinho.org e procuraremos contestarvos o máis rapidamente que nos sexa posíbel.

Crónicas preasemblearias IV: todo o poder para a Asemblea!

Imos ver se tras o “agobio” do Consello Nacional podemos falar un pouco de teses, non?

Terédesnos lido ou ouvido moitas veces que queremos refundar o BNG, que é fundamental devolver o BNG á militancia e rescatalo do “secuestro” ao que o ten sometido a burocracia e os políticos profesionais da UPG.

Como primeira cuestión e para garantir o asemblearismo do BNG que está nos seus Principios Organizativos queremos que fique ben claro que o da representación directa non terá unha doada marcha atrás se non é cunha vontade maioritaria cualificada (non como cando se instaurou o réxime de delegados que foi practicamente ao 50/50):
  • Supresión do sistema de delegados/as que so poderá ser modificado no futuro por unha maioría cualificada de 2/3 dos membros do BNG.
Ollade as outras teses, quen o propón abertamente é o EI e máis o MGS.

Como segunda cuestión propoñemos que feito o esforzo de entendemento (ou non) na Asemblea Nacional e unha vez decidida a composición do Consello Nacional e da Executiva (que sabedes no Consello do 17 todos coincidimos en que esta sexa proporcional ao resultado directo da votación para o Consello na Asemblea "A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.” para evitar o que viña acontecendo que coa designación de representantes dos partidos, de Galiza Nova, e sobre todo das comarcas, desvirtuábase a composición inicial e reforzaba a quen tivese a maioría dándolle un plus que non lle outorgara a Asemblea.

Isto sería contraditorio con que a Asemblea sexa de novo sen delegados. Por certo logro este que non sería posíbel sen a teimosía do EI.

Nós consideramos que é necesaria a presenza dos representantes elixidos en diferido para estar no Consello Nacional pero entendemos que a súa presenza non debe modificar a proporción resultante da Asemblea e é por iso que propoñemos tamén extensíbel ao resto das asembleas territoriais:

  • Todo o poder para a Asemblea Nacional. Dar máis peso político aos membros do CN elixidos na Asemblea Nacional. Todos os representantes de partidos, organizacións e colectivos, e representantes Comarcais serán membros do CN con voz e sen voto para non alterar a representación directa da Asemblea Nacional.
  • Os representantes de designación para os consellos locais e comarcais participarán con voz pero sen voto para non alterar a representación directa das asembleas correspondentes.
Todo o poder para a Asemblea!!!
(A seguir...)

19/12/11

Entrevista a Beiras na Radio Galega.

Beiras fala da homenaxe, do mundo, de Galiza e do BNG

"No BNG hai sitio para todas e todos sempre que aqueles que impiden que haxa sitio para todos rectifiquen. Refírome fundamentalmente a dous tipos de xente e de grupos: primeiro aqueles que constitúen un aparato e que pensan que a organización é para que eles sobrevivan e en segundo lugar a aqueles que funcionan como lobbies de poder. Ou funciona o principio de cooperación ou estamos na antítese do que debe ser o BNG".

Escóitaa na web do Encontro (aquí).

Crónicas preasemblearias III.

* Lonxe de todas as intoxicacións que poidan aparecer nos medios, a postura do Encontro Irmandiño sobre a Asemblea Nacional do BNG podedes seguila nas crónicas preasemblearias na web do EI (aquí), onde podes deixar comentarios.
Tentaremos, de novo, de manter unha obxectividade, que á vista dos contraditorios titulares de hoxe na prensa sobre o acontecido onte no Consello Nacional no que se resolvía sobre aspectos fundamentais regulamentares para a XIII Asemblea do BNG.

Sobre as teses:

Como se mantiñan os catro textos de teses acordouse que fose como tese de referencia a máis votada e como emendas ou votos particulares á totalidade as outras tres. Cousa lóxica. Isto significa que se manteñen en alto todas as diferenzas de tese para o proceso de debate.

O resultado da votación foi o que segue:
APU (UPG) 48
+Galiza 24
Encontro Irmandiño 11
Movemento Base Socialismo 1
Abstención/ Non votan 5

No resto dos temas a novidade é que non se materializou o acordo que se rumoreaba entre +Galiza e a UPG para manter o sistema actual para a elección dos cargos co que fican respostadas as dúbidas que plantexabamos na da Crónica II.

Sabedes que a proposta do EI era...
A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.
E nas nosas teses vai como medida xeral que para...
Facilitar a participación de todas e todos en pé de igualdade e independentemente de que pertenzan ou non a un colectivo organizado. Neste sentido estabelecerase que para todos os procesos de eleccións non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 10% dos postos a cubrir.

As modificacións introducidas foron:

Elimínase a segunda votación para elección da Executiva que resulta constituída directamente da proporción pura dos resultados obtidos polas listas que se presenten para elección do Consello Nacional, isto garante a presencia do pluralismo “posíbel”. Implica eliminar a barreira de ter que obter 15 membros do Consello Nacional para poder optar a estar presente na Executiva. Aquí a votación foi unánime contra todo prognóstico. +Galiza renunciou a súa proposta de que “gobernase” a lista máis votada en solitario de non haber consenso.

Dicimos posíbel porque a UPG negouse a aprobar a segunda modificación proposta polo EI, secundada por +Galiza e independentes, consistente en abrir a posibilidade de listas -e de participación por tanto- a independentes cun número asequíbel de membros, un 10%, para evitar ter que escoller entre 3 ou 4 listas feitas. Para o EI abrir esta posibilidade era fundamental porque implicaba evitar que o BNG siga a converterse cada día máis nunha “coalición de partidos”.

Aquí as votacións foron:
A favor EI, +Galiza e independentes: 42
En contra UPG e MBS: 49
Abstencións:0

No tema do modo e tempo de elección do candidato á Presidencia da Xunta -na Crónica I podedes ver o que pensamos nós diste “cargo”- a UPG mantivo o sistema actual impoñendo cos seus votos que se aplicase xa nesta XIII Asemblea.

A Proposta inicial de +Galiza nas súas teses era a da celebración dunhas “primarias” abertas á sociedade e a do EI a da celebración dunha Asemblea Extraordinaria previas unhas “primarias” abertas. Consensuamos un texto que propugnaba as primarias e un procedemento para a súa celebración e posterior ratificación polo BNG a establecer no primeiro Consello Nacional que se celebre despois da XIII Asemblea. Esta proposta común foi derrotada pola UPG e MGS (a este grupo comeza a virlle acaido o alcume de “marca branca da UPG” que anda a circular por aí).

Manter o sistema actual e aplicalo xa en xaneiro 49
Establecer un sistema de primarias 43

Por si alguén ten interese ao final os texto aprobados foron:

A Executiva Nacional estará formada por 15 persoas, repartidas proporcionalmente ao apoio obtido polas candidaturas presentadas para Consello Nacional e seguindo a orde de cada candidatura”
“...será electo/a Portavoz Nacional a persoa que encabece a lista máis votada ao Consello Nacional, se esta acada o 50% dos votos emitidos. Se ningunha das listas presentadas acada esta porcentaxe, procederase a unha segunda votación entre os/as 2 candidatos/as que obtiveran máis votos”.


1. A Asemblea Nacional procederá á elección do candidato/a á Presidencia da Xunta de Galiza. As distintas candidaturas, se as houber, someteranse a votación, resultando elixida a que acade un número maior de votos. De existir unha única candidatura, poderá ser sometida a votación a man alzada, a non ser que o 20% dos/das asistentes solicite que sexa secreta.
2. Poderá presentar a súa candidatura á Presidencia da Xunta calquera afiliado/a do BNG que teña pleno dereito para participar na Asemblea Nacional, que estea incluído/a nalgunha das candidaturas que se presentan para o Consello Nacional e teña a aceptación de todos/as os/as integrantes da candidatura.
3. Establecerase de prazo para a presentación de candidaturas o 23 de xaneiro ás 19:00 horas.
4. Cada candidatura deberá designar una apoderado/a nacional e un/unha suplente que realizará a función de representante da candidatura.”

Avánzase algo en abrir a AN?
Debúxase unha fronte para rescatar ao BNG do secuestro da UPG?
Será posíbel a refundación?
(A seguir...)

18/12/11

Á beira de Beiras: vídeo da intervención de Beiras (17-12-2011).


Vídeo da intervención de Xosé Manuel Beiras no acto de homenaxe "Á beira de Beiras". Recollido por X. M. Pena para teleirmandinha.

16/12/11

Comunicación do Encontro Irmandiño sobre o proceso de actualización de cotas en Galiza Nova.


No proceso da XIII Asemblea Nacional do BNG, Galiza Nova conta cos seus propios tempos e métodos para a elaboración dos censos, explicitados nunha circular informativa que foi enviada o 29 de novembro de 2011 aos/as responsábeis comarcais, locais e de finanzas e organización de Galiza Nova.
Nesta circular dábase de prazo ata o 3 de decembro para poñerse ao día nas cotas para poder participar con plenos dereitos na XIII Asemblea Nacional. Para isto, toda a militancia de Galiza Nova debería abonar os meses de outubro e novembro de 2011, así como as cotas pendentes.
O feito de só ser enviada a información a cargos da organización e non a toda a militancia provocou casos de militantes que non poideron actualizar as cotas por non lles ser transmitada a información.
Por outra parte, o prazo dado para actualización das cotas para a militancia de Galiza Nova foi insuficiente, pois no caso do pago en conta só se dispuña de 3 días hábiles (1 día no caso da nova militancia dada de alta nos consellos comarcais do 1 ou 2 de decembro) e 4 días no caso do pago en man na comarca.
Do mesmo xeito, no prazo de subsanación de erros (14 ao 18 de decembro) síguese sen enviar comunicación directa á militancia dende a organización nacional.
Por todo isto e para o correcto funcionamento do XIII proceso asemblear do BNG o Encontro Irmandiño entende que Galiza Nova debe abrir un novo prazo de actulización de cotas para toda a militancia (a que esté dada de alta antes do 30 de novembro de 2011) á que se lle debe enviar persoalmente unha circular informativa sobre este proceso.
No caso de ser aprobada neste Consello Nacional do 17 de decembro a proposta do Encontro de crear unha "Comisión para garantir a limpeza e imparcialidade de todos os traballos de organización da XIII Asemblea Nacional”, trasladaremos esta petición a dito órgano, que “entenderá de todo o relativo á participación da militancia, control dos censos, comunicacións internas e terá potestade para, nestas cuestións e outras relativas á organización do evento asemblear, dirixir instrucións á administración do BNG”.

COORDINADORA NACIONAL DO ENCONTRO IRMANDIÑO

Crónicas preasemblearias II.

Podes deixar o teu comentario na web do Encontro Irmandiño.

Grazas polo interese que sabemos suscitan estas crónicas, seguiremos cumprindo co noso compromiso de contribuír ao coñecemento do que pase nesta importante XIII Asemblea do BNG.

Diciamos na anterior crónica que hai un tema que sendo importante non é o primeiro que preocupa ao Encontro, mais si parece que o fai á opinión pública, ... os carguiños.

Explicabamos onte como é o método de elección e cales son as propostas das distintas forzas de relevancia dentro do BNG. Ao mesmo tempo algún medio facíase eco dun posíbel pacto entre UPG e +Galiza para adiar as súas propostas e poñerse de acordo en manter o sistema actual de elección de cargos para esta asemblea de xaneiro. Dende o Encontro nun principio non acreditabamos nesa “envainada” pero ao fin puidemos comprobar que é certo que iso foi falado na Comisión Executiva do BNG en xuntanza previa á da comisión das teses na que, por certo, ambas forzas mantiveron as súas propostas iniciais sen facer referencia algunha ao falado na Executiva.

Quer dicir isto que só foi falado e non acordado? Saberémolo no Consello Nacional do BNG do sábado 17 porque están sobre a mesa as propostas iniciais das distintas forzas.

Sabedes a insistencia do Encontro en que esta Asemblea que ven é crucial, nós dicimos que é a derradeira oportunidade para rexenerar o BNG, por iso os métodos de escolla dos órganos de dirección teñen que ser inclusivos, integradores e favorecedores da participación plural para que entre todas e todos poidamos aportar e traballar para ese novo BNG (que se refunda).

De manterse o sistema actual, o de anteriores asembleas, a cousa sería como segue:

Trátese de elixir os 50 membros do Consello Nacional de elección directa. Poden presentarse listas integradas por 50 titulares e un mínimo de 20 suplentes, e tras a votación repártense os membros proporcionalmente aos resultados. Para a Elección da Executiva só poderán presentarse listas que teñan como mínimo 15 membros electos para o Consello Nacional na votación anterior, é dicir un 30% dos votos da Asemblea.

Este sistema xa provocou graves disfuncións en anteriores asembleas, porque limita a posibilidade de presentar lista só a aqueles que poidan completala con 70 membros laminando as posibilidades dos independentes non organizados de facelo e levando ao BNG a funcionar como se fose unha coalición de partidos e non unha fronte de adscrición individual como é.

A maiores na asemblea de 2009 só a UPG e +Galiza tiveron eses 15 membros e provocaron para a elección da Executiva unha escolla bipartidista que foi terrorífica para a vida interna do BNG e que tivo como consecuencia que o EI ficase fora da Executiva e que non entrase ningún independente na mesma.

Imos repetir esta xogada? Pode o BNG nesta situación repetir erros do pasado recente?

Dende o EI propuxemos para o Consello do sábado 17 que...

A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.


E nas nosas teses vai como medida xeral que para...

Facilitar a participación de todas e todos en pé de igualdade e independentemente de que pertenzan ou non a un colectivo organizado. Neste sentido estabelecerase que para todos os procesos de eleccións non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 10% dos postos a cubrir.

Non hai desculpas para non facelo o mellor posíbel, temos as teses en marcha e temos un regulamento en produción, de feito o sábado vaise completar co método para elección de cargos... por que aferrarse a un sistema que xa fallou?

Non sería mellor que todo o mundo explicitase que é o que pretende?

(A seguir...)

Martiño Noriega: "Sabemos que estamos nunha encrucillada histórica"

Entrevista a Martiño Noriega en La Voz de Galicia por Mario Beramendi.

Para o voceiro dos «irmandiños», Martiño Noriega, é a hora dun gran acordo entre a militancia do BNG.

Rexedor de Teo, vicevoceiro do Encontro Irmandiño (EI), corrente liderada por Beiras, Martiño Noriega (A Coruña, 1975) é un dos novos valores do Bloque. O pasado verán asinou, xunto a dezasete alcaldes, un manifesto para que a dirección da fronte escoitase as súas propostas como exemplos de xestión local avalados pola sociedade. 

-Parece que ninguén discute a gravidade da situación interna. ¿Cal é o risco real dunha fractura?
-Eu, e moitos máis, estamos a traballar para que iso no aconteza. E sabemos que estamos ante unha encrucillada histórica. Por primeira vez, o risco de que rompa a necesaria unidade do nacionalismo de esquerdas en Galicia é unha posibilidade que nin os máis herméticos agochan. 

-Da a sensación trala lectura do 20-N de que a UPG, partido maioritario, non está por cambios internos moi profundos...
-Para convencer á cidadanía da utilidade do BNG, diante da oficina de demolición identitaria e social de Feijoo, antes temos que convencernos nós. E o lugar para facelo será a vindeira asemblea. 

-¿Pensa que é posible un acordo entre todos?
-O importante é acadar un punto de inflexión que relance o proxecto. A pluralidade non é mala, enriquece, pero sempre que haxa un común denominador. Un pacto por riba non soluciona nada. É o momento dun gran acordo entre a militancia. 

-¿Chegarán a un pacto con Máis Galiza?
-Estamos abertos a falar con todos. E con eles tamén. A pesar das diferenzas, temos un diálogo fluído. Pero hai outros cos que falar, como os independentes non adscritos e diversos colectivos.

-¿Que papel debería xogar Beiras neste proceso?
-É un referente do nacionalismo e unha persoa cunha gran representatividade social. O papel de Beiras vaino marcar el. Non teño dúbida de que sexa cal sexa o rol, sempre será en defensa dos dereitos colectivos da súa razón de ser: Galicia. 

-¿Que candidato vai propor o Encontro Irmandiño? Nalgún momento terá que falar diso...
-Non estamos nese proceso. Queremos recuperar o BNG como casa común e abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables. Non estamos aquí para un troco de cromos. 

-¿Vese vostede de candidato?
-É unha decisión que se ten que tomar en dous campos: o persoal e o colectivo, e en ningún se abordou. 

-¿Que faría vostede, alcalde do Bloque no Concello de Teo, se os «irmandiños» decidiran marchar do BNG despois da asemblea de xaneiro, tal e como teñen amagado?
-Nestes tempos tan convulsos, eu vivo instalado no carpe diem e no día a día. Traballo para rexenerar e refundir o Bloque Nacionalista Galego. Esa é a miña razón de ser. Non vivo instalado en futuribles. Pero pase o que pase os meus pais ensináronme na vida a ser, ante todo, responsable.

14/12/11

Crónicas preasemblearias I.

Podes deixar o teu comentario na web do Encontro Irmandiño.

Cumprindo co noso compromiso de contribuír ao coñecemento do que pase nesta importante XIII Asemblea do BNG. Dado que andan versións curiosas polos medios sobre dun tema que sendo importante non é o primeiro que preocupa ao Encontro mais si parece que o fai á opinión pública, imos falar hoxe do método de elección da Executiva do BNG e do seu Portavoz e do Candidato á Presidencia da Xunta.
A Executiva é o máximo órgano executivo e ten funcións de dirección permanente sometida ao Consello Nacional. Como o BNG é unha fronte non ten as atribucións do secretariado dun partido ao uso.
O Portavoz Nacional é un “primun inter pares” que porta a voz e representa ao BNG publicamente, sen ter as atribucións dun Secretario Xeral dun partido ao uso, este cargo viña coincidindo co de Candidato á Presidencia da Xunta, antes con Xosé Manuel Beiras e doutro xeito con Anxo Quintana. Hoxe o Portavoz Nacional Guillerme Vázquez, elixido na Asemblea Extraordinaria de 2009 tras o fracaso electoral das Autonómicas, non está imbuído do “cargo” de Candidato.
A respecto deste nomeamento de Candidato á Presidencia temos que dicir que só ten unha virtualidade electoral esixida pola mercadotecnia para personalizar e xerarquizar as presencias dos partidos en campaña. Non está recollido en ningunha lexislación e non é de obrigado cumprimento loxicamente. De feito no BNG non se fixo esta nominación até o ano 1993 nunha campaña na que un BNG en forte ascenso tiña que “cumprir” con ese requisito mediático electoral.

Os puntos de partida das principais propostas son as que seguen:

Para a elección da Executiva:

UPG
No caso de presentárense varias candidaturas ao Consello Nacional, a Executiva conformarase tamén de xeito proporcional ao apoio acadado por cada unha das candidaturas ao Consello Nacional e seguindo a orde de cada candidatura. No caso de haber unha soa candidatura ao Consello Nacional, a proposta de Executiva ficaría conformada polas 15 primeiras persoas da candidatura. Resultará electo Portavoz Nacional a persoa que encabece a lista máis votada para o Consello Nacional.

+GALIZA
Partindo da necesidade de realizar un esforzo máximo de integración, en caso de existir máis dunha candidatura, por non terse alcanzado unha integración a priori, a Executiva Nacional quedará conformada polos membros da candidatura máis votada.

ENCONTRO IRMANDIÑO
A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos. O Portavoz Nacional será o cabeza da lista máis votada se esta obtiver máis do 50% dos votos válidos. Se ningunha lista obtén a maioría absoluta elixirase directamente pola Asemblea Nacional en nova votación entre as persoas que se presenten. De non obter a maioría absoluta iríase a unha segunda volta entre as dúas máis votadas.

Podemos ver que todos pretenden unha integración que no caso de +Galiza sería desexábel pero que permitiría “gobernar” en solitario á lista máis votada, que de ser varias podería non contar co apoio dunha maioría da Asemblea.
Sería iso desexábel cando estamos a falar de refundación e de novo esforzo de entendemento?

Para o Portavoz Nacional

UPG
Resultará electo Portavoz Nacional a persoa que encabece a lista máis votada para o Consello Nacional.

+GALIZA
Suponse que está de acordo co sistema actual porque non fai ningunha proposta.

ENCONTRO IRMANDIÑO
O Portavoz Nacional será o cabeza da lista máis votada se esta obtiver máis do 50% dos votos válidos. Se ningunha lista obtén a maioría absoluta elixirase directamente pola Asemblea Nacional en nova votación entre as persoas que se presenten. De non obter a maioría absoluta iríase a unha segunda volta entre as dúas máis votadas.

A razón da nosa proposta é que tanto o sistema actual como a mínima variación que propón a UPG pode ter un resultado como o da asemblea de 2009 na que Guillerme Vázquez saíu por encabezar a lista máis votada pero representando so a unha minoría do BNG.

Para o Candidato á Presidencia da Xunta:

UPG
Até agora a elección do candidato ou candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza era competencia da Asemblea Nacional. Sen embargo, non hai razón para diferenciar e separar o proceso que se segue para o seu nomeamento dos outros candidatos ou candidatas ao Parlamento galego. Mais sendo conscientes da importancia real que ten, e co fin de lograr unha maior implicación da militancia, a súa elección farase coa participación de toda a militancia co voto en urna nas distintas comarcas.

+GALIZA
Propoñemos a elección do/a Candidato/a á Presidencia da Xunta de Galiza mediante o sistema de primarias. Nese sentido, e co obxectivo de afondar na democratización da nosa organización e na súa apertura a todos os segmentos sociais que comparten o ideario do BNG, a participación nesas eleccións primarias estará aberta ao conxunto da cidadanía galega, para o que deberá ser aprobado polo Consello Nacional un regulamento que ordene e garanta a transparencia deste proceso.

ENCONTRO IRMANDIÑO
A elección do Candidato/a do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza farase en asemblea nacional extraordinaria convocada para tal fin na que participarán directamente todas e todos os afiliados. Sen prexuízo de consultas previas á sociedade nunhas primarias sobre a idoneidade das persoas candidatadas.

Aquí hai tamén unha coincidencia en que o proceso desta escolla sexa diferida a unha nova consulta en urna que no caso da UPG sería limitada aos militantes do BNG, no de +Galiza unhas primarias sen moita precisión de quen ten a última decisión e no do EI elección en asemblea podendo facerse unha consulta previa á sociedade.

Como vemos as diferencias non son insalvábeis, se cadra a proposta do EI é a que mellor concilia a consulta primaria coa decisión última da base militante nacionalista.
O único en candidatarse polo de agora foi Carlos Aymerich.
Os problemas virán cando se poñan outros nomes sobre a mesa?
Coincidirán na mesma persoa a Portavocía e a Candidatura á Presidencia da Xunta?

(A seguir...)

Ser ou non ser.

Martiño Noriega en Tempos Dixital


Esa é a cuestión. O nacionalismo galego organizado no BNG atópase nunha encrucillada histórica, feito recoñecido pola totalidade das diferentes sensibilidades que configuran esta ferramenta plural e diversa que está a piques de facer 30 anos de vida. Por primeira vez, o risco de fragmentación na necesaria unidade de acción do nacionalismo de esquerdas en Galiza, nun país non normalizado, é unha posibilidade que nin os que se din máis herméticos agochan publicamente, nun exercicio de elaboración de duelo anticipado, ou de venda antes que a ferida.
Diante desta situación cómpre, ás veces, analizar o contorno para entender en que coordenadas sociais nos movemos. Por unha banda, asistimos con mágoa a posible amputación ou enterro encargado polos poderes fácticos dunha forza política que lles resulta incómoda, cuestión publicitada como nunca fixeron ate agora para espallar os seus feitos en vida. Por outra banda, están aqueles, maioritariamente fóra da organización, que agardan a que se abra un anaco de ceo onde poder configurar, cunha nova linguaxe, un proxecto propio que resucite outros proxectos políticos xa fracasados ou integrados no BNG (PG, CG, EG, etc.) e tamén está a cidadanía activa defraudada pola evolución do propio BNG orfa de ser representada. Para rematar, estamos os de dentro e a base social que dende fóra aínda sustenta cualitativamente e cuantitativamente esta organización dun xeito que lle permite á mesma exercer o goberno en 30 concellos do país, ser a terceira forza no parlamento galego, ter dous deputados no Congreso, unha eurodeputada a partir do 2012 e desenvolver responsabilidades de xestión nunha das deputacións (Lugo).
Os que levamos máis de media vida acreditando no proxecto, exercendo a liberdade de militar e de opinar dende a lealdade cando non coincidiamos cos camiños que se estaban a iniciar, asistimos con moita preocupación e ás veces un pouco de impotencia a todo o que está acontecendo, intentando asimilar a responsabilidade histórica dos nosos actos.
O BNG non é unha organización distinta nas dinámicas internas a moitas outras organizacións. Polo tanto, resulta evidente que os problemas arrastrados por decisións colectivas adoptadas de xeito errado tanto na esfera da acción política como no das persoas, lastran un proxecto que continúa a ser absolutamente necesario, nunha sociedade galega máis agredida que nunca pola políticas antisociais e antigalegas do PP. Se somos quen de facer unha abstracción desas cuestións que teñen un peso importante, podemos comprobar como na esfera formal das propostas ou menciñas, as solucións semellan máis doadas se hai vontade para encetalas.
Recuperar de xeito definitivo o principio do asemblearismo, non renunciar á hexemonía democrática, definir o rol BNG organización BNG institución, rachar coas dinámicas de maiorías e minorías antitéticas cunha fronte plural e diversa, facer do compromiso ético un principio irrenunciable, saber que o BNG non pode ser un fin en si mesmo, mudar a nosa relación cos movementos sociais substituíndo a tutela pola colaboración e, para rematar, artellar un novo contrato de mínimos coa cidadanía galega sabendo que non estamos en posesión da verdade absoluta, poden e deben ser, algunhas das moitas cuestións que deben estar presentes no debate asembleario.
Para convencer a cidadanía da utilidade do BNG como ferramenta de transformación antes temos que convencernos nós e o lugar para facelo será na vindeira Asemblea Nacional de finais de xaneiro. Cómpre priorizar a recuperación da casa común e a necesidade de abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa durante estas semanas, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables.
Neste ser ou non ser é o momento da base militante do BNG a que debe decidir que organización quere ser para servir a este país e a cidadanía agredida deste.

11/12/11

Comeza a rumoroloxía pre-asemblear.

Como xa aconteceu outras veces, o interese dos medios, manobras interesadas ou non de conformación de opinións na contorna do BNG, teñen trasladado á opinión pública informacións que non sempre se axustan á realidade.

Dende o Encontro Irmandiño entendemos o enorme interese que suscita un evento como unha asemblea do BNG pola importancia política da fronte nacionalista para a vida do noso País.
Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.

Así, nesta web poderás atopar os pronunciamentos do EI sen intermediación e agardamos que a nosa nidia postura a prol da refundación do BNG chegue alto e claro.

Comunicación do EI

06/12/11

Número de novembro da nova etapa da revista "a revolta irmandiña".

a revolta irmandiña I - novembro de 2011

04/12/11

02/12/11

15M O pobo indignado.

Resenha de Antom Fente Parada, do Conselho editorial do blogue Revolta Irmandiña.
No plano político-institucional, coido que non resulta esaxerado diagnosticar que o réxime político se acha en proceso de descomposición - unha etapa desta segunda Restauración borbónica en certo xeito análoga ou equivalente á da primeira hai cousa de cen anos. O pacto constitucional está roto por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberania 'nacional' cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílucuo polo poder imperial e os seus 'misi dominici', o poder xucidicial a facer 'mangas e capirotes' dos dereitos dos cidadáns á marxe de calquera control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convertido en 'bailleur de fonds' dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reaccionaria e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella. Xosé Manuel Beiras Torrado: "O dereito dos pobos a decidirmos", páxina 19.

Hoje, quarta-feira, apresentava-se na livraria Couceiro o livro 15-m O pobo indignado que é um volume coordinado por Alfredo Iglesias Diéguez, membro do Conselho editorial de Altermundo, e que conta com uma nómina de autores entre o que se topam representantes da sociedade civil mais consciente da Galiza e da sociedade política. Precisamente o  coordinador sublinhou que o FSGal e Altermundo são o denominador comum de muitos dos autores que assinam o livro. Concretamente a nómina completa deste imprescindível livro - que já ia sair em setembro e cujos artigos se entregaram o 25 de julho- engrossam-na, por ordem de aparição: Xosé Manuel Beiras Torrado, Franscisco Sampedro, Justo Beramendi, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo Viejo Viñas, Carlos Taibo, Roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos, Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lídia Senra, Xoán Hermida González, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo Andión, Diana Varela Puñal e Gustavo Pernas Cora.

"Acaso a revolta non é tradución da indignación en acto'" pregunta Beiras na página 18 do livro. Kurt Vonnegut contava num dos seus romances como um psiquiatra falava da doença da "samaritrofia" que consistia em "uma indeferença histérica para com as desgraças dos que são menos afortunados do que um". Dalgum jeito esta doença da ficção narrativa é o devalar que se produz sempre em sociedades pouco coesas e em que avança o racismo, a xenofobia e o um fascismo social cada vez mais interiorizado... Tudo isso faz saltar as costuras sociais e emerge a indignação, condição necessária mas não suficiente para dar o seguinte passo: a revolta.

Para Xosé Manuel Beiras o "15-m nesta etapa tem como traço mais salientável a recuperação do espaço público, da ágora" e os piares devem ser cidadania, soberania e esquerda perante um Estado espanhol absolutamente periclitado (vid. supra) com uma peripécia eleitoral cuja única descrição é de categórica farsa; numa II Restauração bourbónica que, a cada passo mais, resolve-se carente de legitimidade, máxime com um novo Governo que vende o apoio duma parte pequena da população como apoio incondicional para continuar com a ortodoxia ultraliberal.

Roi Ribeira salientou as diferenças que, desde a óptica e a experiência militante, notou entre a militância no BNG e a militância em movimentos sociais, por sua vez diferentes do 15-m. Para este co-autor o mais importante é ver os pontos de fuga com respeito ao nacionalismo institucional que abre o movimento que é, em última instância, sucessor do 11-m que deitou o Governo de Aznar.

Os sindicatos e os partidos não detectaram o mal-estar social existente e aparece o 15-m auto-organizado mediante a assembleia esgaçando o binómio sindicato-partido na esquerda social-demócrata, rachando com a "plataforma" tão cara a parte da esquerda e pondo no seu lugar a assembleia. No 15-m a diferença entre o intelectual e a massa desdibuxa-se, não há dirigentes e filiadas ou filiados, etc. Até também é crivado pelo 15-m o apriorismo: qualquer um pode falar e receia-se da pertença a partidos...

Nanita Santos percebe que a esquerda existente não entende o 15-m e por isso receia dele, porque não o controla, uma herança segundo ela do leninismo. A gente lança-se à rua e joga ao lixo o estatismo e a falha de audácia da esquerda existente, que para Justo Beramendi é uma esquerda burocratizada, esclerotizada e comprada, do que a melhor mostra são as greves gerais convertidas num dia lúdico-festivo. Por isso, a massa teve que procurar viais alternativos para a luta e a mobilização. 

Segundo o catedrático de história contemporânea da USC, não se podem julgar coisas complexas como o 15-m e os movimentos sociais de maneira liviã, imediata e sem profundidade nem rigor. Os movimento assembleares deram-se sempre que os de "abaixo" não topavam outra fórmula para defender-se e comunicar, isso desde os sans-culottes até a Revolução russa. O 15-m é para Beramendi, e nisto coincide com muitos autores, uma condição necessária, mas não suficiente para mudar um sistema em crise, mas com mais poder do que há cem anos.

O sistema nunca mudou pelas boas, apenas quando achou que de não fazê-lo seria mau para os seis interesses, assim se explicam conquistas como welfare state perante o medo à URSS.

Lídia Senra fixo fincapé em que desde a contestação internacional ao ultraliberalismo que faz o SLG o 15-m é algo achegado e próximo. O 15-m  para o SLG foi algo recebido com alvoroço, após  as lutas de Via Campesina e organizações sociais diversas na mesma direcção. A mocidade, já que logo, acordou do "sonho europeu" em que se incubou pelas gerações anteriores, um consumismo louco. É uma excelente notícia que haja relevo geracional no combate ao sistema.

No entanto, a veterana dirigente sindical e labrega também vê perigos, como as estendíveis suspicácias com os partidos políticos e os sindicatos, um "todos são iguais" que poderiam dar pé a populismos e, aliás,  não se pode desbotar a via de luta organizada; e a prepotência destes para achegar-se e estabelecer pontes com o 15-m. O lógico é respeitar o enorme capital da esquerda ao tempo que se incorpora a mocidade ao combate político.

Xavier Vence afirma que do 15-m seguirão saindo coisas, bem sob essa fasquia ou sofrendo metamorfoses. O 15-m está na esteira dos movimentos que se foram gestando em Latinoamérica quando o ultraliberalismo começou a entrar em queda e a ser combatido. Em nenhum desses estados, nem no Magreb, nenhuma esquerda foi quem de canalizar a revolta e a sua forma actual remete mais para fórmulas libertárias. Porém, sem organização, nem organização nas organizações, é muito difícil mudar o sistema. Um anarquismo primário alimentado, para além do dito, com gosto pela reacção. Exemplos são as lutas que venceram o ultraliberalismo em Venezuela, Bolívia, Equador... movimentos que tomaram a sociedade política, que se tornaram hegemónicos e que abriram processos constituintes. 

O 15-m nasce também, para o professor de economia da USC, com vocação global e, já que logo, encardinado no internacionalismo e numa alternativa planetária ao sistema capitalista na sua fasquia ultraliberal, o que nalgum local tenho pessoalmente denominado como globalização (eufemismo de imperialismo) ultraliberal descendente.

Miguel Fernández Blanco apostou pela confluência dos militantes já existentes pré-15-m com os novos "indignados". No bate-papo posterior à apresentação  assinalou-se que não apenas  se mobilizou mocidade, mas também pessoas de todas as idades e que alguns partidos tentaram de forma encoberta apropriar-se do movimento como UPyD em Ourense. Luís Gonçalves Blasco, "Foz", histórico militante independentista, teve palavras de apoio para os okupas da Sala Yago, brutalmente desalojados pela polícia e com métodos fascistas. Esses okupas são também fruto da acampada do Obradoiro.

O coordinador Alfredo Iglesias Diéguez também salientou que o 15-m devolveu força à rua, devolveu o assemblearismo, trouxo para a actividade política a muita gente que até a altura estava afastada da luta política. Aliás, demonstrou a capacidade de organização que tem o povo. Isso não tira as eivas, como que as espontaneidades não façam revoluções, embora fossem espontâneos motins como os das mães de Petrogrado  antes de outubro de 1917. Não há´que organizar apenas o descontente, também manter a democracia nessa organização, máxime quando o capitalismo e a democracia são incompatíveis.

Para rematar Beiras contestou a uma pergunta sobre a razão pela que a mídia silenciava as revoltas de Islândia e Grécia e dava jogo ao 15-m ou a Occupy Wall Street. Para o porta-voz nacional do Encontro Irmandinho isso explica-se porque em Islândia e, sobretudo, Grécia há desobediência civil e rebelião, uma fase à que o 15-m não chegou ainda. O 15-m é apenas uma fase que se não passa à rebelião esmorece, isso é a chave independentemente do que conecte ou não com a esquerda: indignaçao - rebeliao-hegemonia / alternativa / poder - revolução.

Isso sim, o esquema plausível de revolução (vid. infra) no centro do sistema não responde às revoluções passadas, perante a refeudalização dum sistema-mundo capitalista metamorfoseado e inserido num caos sistémico. O sujeito histórico colectivo é plural, múltiplo e diverso... não é apenas o proletariado. O 15-m, neste sentido, rompeu o gelo, mas é mais doado de abordar pela mídia (para tentá-lo fragmentar, manipular e envasilhar pela mídia) do que uma rebelião; porque, infelizmente, o 15-m não é ainda uma ameaça nem sequer para o descomposto marco jurídico-político da Restauração bourbónica. "Quando okupamos a universidade? Eu próprio se a saúde mo permite comprometo-me a apoiar isto" ou "Quando okupamos São Caetano como os piqueteros na Argentina?" perguntou-se o histórico dirigente nacionalista.

Um livro colectivo, uma coral que procura a catarse e talvez achegar graus de razão entre todos para ajudar à montanha de areia nos velhos e novos militantes da esquerda a reconstrui-la, a dotá-la dum novo referente político para atingir uma sociedade mais justa e um mundo que detenha a sua depredação. Socialismo ou barbárie!